O presidente a Deputación de Ourense, citado a xuízo para responder dun delito contra a seguridade vial, tras ser interceptado a 215 quilómetros...
26/04/2023 00:24:57O presidente a Deputación de Ourense, citado a xuízo para responder dun delito contra a seguridade vial, tras ser interceptado a 215 quilómetros por hora ao volante dun coche oficial. // 10 persoas detidas, ata agora, nunha nova operación da Garda Civil contra unha rede dedicada ao narcotráfico e o branqueo de capitais. Rexistradas 15 vivendas en varias localidades nas provincias de Lugo e Pontevedra. // O concello de Santiago preséntalle ao sector hostaleiro o seu plan para implantar unha taxa turística, cunha recadación prevista de tres millóns de euros, cobrando entre cincuenta céntimos e dous euros e medio por estadía diaria. // O xogo coma motor do desenvolvemento, é o tema central do Salón do Libro infantil e xuvenil que está aberto ao público en Pontevedra. Obradoiros literarios e gastronómicos entre as actividades programadas.
26-04-23
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano