Galicia supera o millón de doses de vacinas administradas. Con elas, máis do 30 por cento da poboación que está previsto vacinar recibíu xa polo...
27/04/2021 00:18:02Galicia supera o millón de doses de vacinas administradas. Con elas, máis do 30 por cento da poboación que está previsto vacinar recibíu xa polo menos unha dose, e cerca de 250.000 persoas teñen xa a pauta completa. Un Estudo realizado polo Sergas demostra que todas as vacinas que se están a empregar na nosa comunidade son seguras e moi eficaces. // A economía galega pode sair antes da crise, ao non depender tanto do turismo. Esa é unha das conclusións dun informe do Consello Galego de Economistas. Os máis optimistas apuntan a recuperación para o segundo semestre deste ano. // O Conselleiro de Facenda cifra en 629 millóns de euros o gasto que supuxo a pandemia en Galicia no ano 2020, e quéxase do que calificou de discriminación respecto a outras comunidades no reparto de fondos por parte do Goberno Central. // O PSdeG-PSOE acusa ao PP de actitude antidemocrática en Ourense, por esixir a renuncia do portavoz Rafael Villarino para negociar unha moción de censura contra Jácome. 27-04-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano