As obras novo hospital de Montecelo, en Pontevedra, avanzan para estar rematado a finais do ano que ven ou a comezos de 2024. Contará con 720...
27/06/2022 00:16:04As obras novo hospital de Montecelo, en Pontevedra, avanzan para estar rematado a finais do ano que ven ou a comezos de 2024. Contará con 720 camas, para dar cobertura a unha poboación de 300.000 persoas. Os servizos do actual Hospital Provincial serán trasladados para formar un único gran complexo hospitalario. // O primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado en referendum en 1936, está de aniversario. Os grupos da oposición proponen unha reforma do Estatuto actual con novas competencias, que o PP ve sen o consenso necesario. // Tras cinco meses de despregue integradas na Agrupación Naval Permanente da OTAN polo conflicto en Ucraína, regresan a Ferrol a Fragatas Blas de Lezo e o buque de aprovisionamento Cantabria. Participaron en exercicios multinacionais con 500 tripulantes en total. 27-06-22
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano