Hoxe soben de novo, por cuarto día consecutivo, os casos activos de Covid. Son 473, 23 máis que onte, e os novos contaxios detectádos elévanse a 59, 16 máis. Hai un paciente ingresado máis, ata un total de 24, dos que 5 están na UCI. A cifra de persoas falecidas ascende a 2.651, ao notificarse nas últimas horas a morte dun home de 81 anos en Ourense. // A Xunta quere manter no sistema sanitario ao 80% dos profesionais que foron contratados para facerlle fronte á pandemia. Así o indicou Núñez Feijóo, fronte ás denuncias da oposición de que van ser despedidos 1.200 traballadores sanitarios. // Un grupo de empresas da madeira Lanza a marca Pino de Galicia. Pretenden fomentar a prantación de coníferas como piñeiro do país, o insigne ou o silvestre, ante a gran demanda do mercado internacional e a necesidade das industrias de converterse en sustentables. (27/10/2021)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano