A inflación dispárase pola suba de prezos dos alimentos, sumada a escalada da electricidade e os combustibles. O IPC aumenta tres puntos no mes de...
30/03/2022 00:18:05A inflación dispárase pola suba de prezos dos alimentos, sumada a escalada da electricidade e os combustibles. O IPC aumenta tres puntos no mes de marzo, e case dez respecto a hai un ano. É o maior incremento dende 1985, // Entre 1 euro con 80 céntimos e dous euros. É a franxa na que oscilan hoxe os prezos dos combustibles, a falta de 48 horas para que entre en vigor o desconto de vinte céntimos por litro prometido polo Goberno. // Gromo de covid no servizo de Xinecoloxía do Hospital provincial de Pontevedra. están afectadas 11 traballadoras e polo menos seis pacientes // O secretario xeral dos socialistas galegos reclama á Xunta unha rebaixa nas peaxes das autoestradas de titularidade autonómica. // Falece aos 99 anos de idade Antía Cal, a muller que renovou, dende Vigo, os métodos de traballo na Educación infantil. 30-03-2022
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano