O concello ourensán de Láza pasa ao nivel máximo de restricións, e súmase, a partir do luns, aos de Cualedro e Vilanova de Arousa que se manteñen...
30/04/2021 00:18:02O concello ourensán de Láza pasa ao nivel máximo de restricións, e súmase, a partir do luns, aos de Cualedro e Vilanova de Arousa que se manteñen nesta situación. Así o decidíu hoxe o comité clínico que asesora á Xunta, ao superar a incidencia acumulada de 250 casos por 100.000 habitantes. // Malia que Portugal vai abrir as fronteiras mañá, o peche perimetral de Galicia vai impedir ós veciños lusos e galegos moverse libremente polos dous países por motivos de lecer. Os comerciantes da raia levan meses reclamando un trato especial para este territorio. // O presidente da Xunta plantéalle un pacto de Estado para Ferrol á vicepresidenta do Goberno, a galega Nadia Calviño. Na reunión que qeu hoxe mantiña en Madrid coa tamén responsable de asuntos económicos, Feijóo defendeu tamén os 300 proxectos galegos que aspiran a recibir fondos Next Generation. 30-04-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano