O presidente del Goberno, Mariano Rajoy, reunirase con Ángela Merkel os días 24 e 25 de agosto en Santiago. Está previsto que a chanceler alemá faga un treito do Camiño e visite a catedral compostelá. Os dous mandatarios poderían aproveitar o encontro para desbloquear os nomeamentos comunitarios de cara o próximo consello europeo // As concesionarias das autoestradas portuguesas dispostas a recadar os impagos dos conductores españois. Os anteriores a 2012 prescribiron pero os dos últimos anos hai que pagalos. Moitos usuarios están a recibir por carta a factura con todo o que deixaron de pagar nas súas viaxes o pais veciño // Preocupación entre os apicultores galegos ante o aumento da poboación de avéspora asiática, unha especie invasora que chegou a Galicia hai dous anos e que se alimenta das abellas. 18/08/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano