A oposición de administracións e sector contra a devolución das axudas fiscais ao naval, escenifícase dentro dunha hora en Madrid. Alí o Ministro de Industria reúnese cos presidentes das comunidades máis afectadas para evitar que a UE obrigue a España a devolver as axudas recibidas nos últimos anos para a construcción de buques // Incidentes e carga policial na manifestación deste mediodía, de representantes da flota do polbo que protestaban contra o novo plan deste cefalópodo, posto en marcha pola Consellería do mar. A Consellería xustifica as novas medidas coma un sistema para evitar a sobrepesca e facer máis rendible a actividade // A Ministra de Fomento e o titular de economía de Portugal fixeron hoxe a viaxe inaugural do novo servizo de tren directo entre Vigo e Porto. Sairá cada día dúas veces, pola mañá e pola tarde, das dúas cidades e fai o percorrido en pouco máis de dúas horas, unha menos do que viña levando ata agora. 01/07/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano