Milleiros de embarcacións comezaron hoxe nas rías galegas a campaña libre de marisqueo. A primeira xornada de faena estivo marcada na ría de Arousa pola ausencia de berberecho e pola escasas capturas de ameixa. // Alberto Núñez Feijóo defende en Madrid os presupostos do Estado para o ano que ven. Pachi Vázquez promete suprimir o copago nos medicamentos se gaña o día 21. // Os dous ex tenentes de alcalde nacionalistas do concello de Ourense imputados nun suposto caso de corrupción negan no xuízo ter colaborado nunha trama para intentar beneficiarse da explotación comercial duns paneis publicitarios. // O Real Madrid golea ao Deportivo da Coruña. E derrota tamén para o Celta que perdeu dous a 1 fronte ao Granada. // Publícase unha biografía de John Balan aos catro anos da súa morte. 01/10/12
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano