En Pontevedra seguen hoxe os traballos dos bombeiros e operarios municipais para manter a seguridade no entorno do edificio que ardeu completamente no espectacular incendio declarado a primeira hora da noite de onte nun edificio histórico sitado na Praza da Ferrería, no centro da cidade // O Paro subiu en Galicia en 7.639 persoas, no pasado mes de xaneiro o que supón un aumento do 3,34 por cento respecto a decembro, case dous puntos por riba da media estatal. Con respecto a xaneiro do ano pasado, diminuiu o número de parados en 22.555 persoas. Cifra, neste caso, mellor que a da media de toda España // A Xunta vai destinar este ano vinte millóns de euros para mellorar camiños municipais de acceso a granxas. A conselleira de medio rural explicou estas axudas e asegurou que segue buscando unha solución para cooperativa Codegui de Guitiriz a que Leche Celta deixou de recoller o leite onte. 02/02/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano