A perda de vidas, causadas polos accidentes de tráfico, volven á actuallidade, co inicio do ano. En Bande, Ourense, rexistrouse o primeiro sinistro mortal de 2017.
Alí faleceu un veciño de Lobios , despois dun ano 2016, tráxico nas estradas galegas. Por primeira vez en quince anos medrou a siniestralidade. 108 persoas perderon a vida en accidentes de tráfico na nosa comunidade en 2016,. 17 máis ca en 2015.
Mariano Rajoy reitera o compromiso do Goberno coa finalización do AVE galego. Di que será rematado á maior brevedade, pendente só de limitacións técnicas. Díxoo nunha entrevista concedida ao xornal Faro de Vigo en Sanxenxo, onde pasa uns días de descanso navideño.
O portavoz parlamentario dos socialistas galegos agarda en que 2017 sexa o ano no que o PSOE recupere a normalide. Xoaquín Fernández Leiceaga confía que neste ano o partido teña novos secretarios secretarios xerais tanto en Galicia como en Madrid, onde o partido está controlado por xestoras provisionais. (02/01/17)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano