Récord de cruceiros no Porto da Coruña. En total chegaron 6.000 turistas e 2.500 tripulantes para disfrutar por unhas horas de escala en Galicia da nosa paisaxe, historia e gastronomía e calcúlase que gastan uns 60 euros por persoa e día // O pleno do Concello de Vigo aprobou os orzamentos municipais para este ano grazas a un pacto inédito na cidade entre o PSOE e PP e coa oposición do BNG. Socialistas e populares consideran que son as contas máis sociais da historia da Vigo. Os nacionalistas din que non son as que hoxe necesitan os cidadáns // Cheo absoluto no estadio do C.D. Lugo para recibir, mañá, ao Depor. Con unha victoria, os lucenses asegurarían a permanencia en Segunda e o Deportivo afianzaría o seu camiño ao ascenso directo. O Celta viaxa a Pamplona coa tranquilidade de ter garantida a permanencia en Primeira pero coa interrogante de se o adestrador, Luis Enrique vai seguir o se será verdade que está sendo tentado polo Barcelona. 02/05/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano