O paro no pasado mes de decembro subiu en Galicia o 0,08 %, 209 persoas. No conxunto de 2013 hai 271.000 parados, 7.700 menos // Moitos comerciantes adiantan as rebaixas aproveitando as compras de Reis, con descontos de ata o 60% // A depuración da ría de Ferrol, primeiro obxectivo da Xunta en depuración de augas. A depuración da de Vigo rematará en 2015 // O servizo de emerxencias 112 recibiu o ano pasado menos chamadas que no ano anterior, polo maior coñecemento por parte dos cidadáns á hora de elixir o tipo de auxilio que precisan // Amancio Ortega mellorou no 2013 a súa posición como terceira persoa máis rica do mundo, segundo a revista Bloomberg Markets, que estima o patrimonio de Ortega en 48.500 millóns de euros // 2013 foi o segundo ano de maior afluencia de peregrinos no Camiño de Santiago, despois do Xacobeo 2010, e no primeiro en ano non santo. Fixeron esa ruta case 216.000 persoas. 03/01/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano