Segundo día de visita oficial do Presidente do Uruguay a Galicia.Veu para promover as relacións economicas e comerciais entre a nosa comunidade e o país latinoamericano. O mandatario uruguaio, José Mujica, e mais o titular da Xunta Alberto Núñez Feijóo asinaron un acordo para favorecer e fomentar negocios entre os dous lados do Atlántico // Renfe aumenta a súa oferta de trens diurnos en Galicia. Entre o aumento figura un novo tren diurno entre Ferrol e Madrid. Ademáis a empresa ferroviaria engade outro matinal en ambos sentidos dende a Coruña e Vigo a Madrid. Namentres, prevese que pechen as estacións que teñen moi poucos usuarios // O Conselleiro de Economía, Francisco Conde Pídelle ao Comisario da Competencia da Unión Europea, o español Joaquín Almunia, que se axilice a solución do Tax Lease, as axudas fiscais aos estaleiros, e das que están pendentes por se as teñen que devolver ou non. 03/06/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano