Loito oficial, hoxe na localidade ourensá de Leiro, trala morte de tres persoas, a consecuencia da explosión rexistrada onte á tarde na empresa de pirotecnia, na que traballaban. Investíganse as causas da deflagracion que destruiu totalmente a caseta onde, ao parecer traballaban as dúas mulleres, mentres o home, se atopaba fora, onde tamén resultou afectado polo estourido // Tráfico prevé en Galicia 372 mil desprazamentos ata o domingo. A DXT recomenda moita precaución especialmente nos 36 puntos máis conflictivos das nosas estradas. Os puntos onde se concentran máis accidentes que serán tamén nos que van estar máis vixilantes cos 120 radares móbiles que haberá despregados por toda a xeografía galega // Boas perspectivas para o sector turístico galego. O Cluster de turismo de Galicia estima que recibiremos entre un 5 e un 8% máis de visitantes este verán. A media de ocupación nos próximos dous meses rondará o 60% segundo a axencia de turismo de Galicia. 03/07/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano