Técnicos en urbanismo expuxeron hoxe ante empresarios e representantes doutros sectores de Vigo as consecuencias da anulación do Plan Xeral de Urbanismo por unha sentenza do tribunal supremo. Contaron que a maioría dos equipamentos cidadáns e industriais se poderán seguir construíndo, se se acollen a normativas autonómicas // O consello da Xunta pón en marcha a chamada "tarxeta benvida" da que se poderán beneficiar unhas 17.000 familias que teñan fillos a partir do ano que vén. Disporán dun saldo de 100 euros ao mes para que os gasten en productos básicos para os nenos // O avogado de Rosario Porto ultima o recurso contra a sentenza que a condenou a 18 anos de cadea polo asasinato da súa filla Asunta. Unha pena que tamén lle foi imposta ao pai da pequena, Alfonso Basterra. A súa avogada, acaba de recurrir e pedir a absolución do seu cliente por falla de probas. 03/12/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano