Os empresarios galegos piden estabilidade política para, din, garantir o crecemento económico. O seu presidente, José Manuel Fernández Alvariño pronunciouse hoxe en Vigo respecto ao resultado das últimas eleccións locais e advertiu sobre líderes dos que dixo que "prometen asfaltar o ceo". Tamén pediu que non se lle poñan calificativos ao emprego que se crea // A praza do Obradoiro de Santiago foi hoxe o punto de partida dunha manifestación de barbeiros e peiteadoras en demanda dunha rebaixa no IVE que se lle está a aplicar á súa actividade. Din que o que eles ofrecen é un servizo de primeira necesidade e non un luxo. Por eso piden que se lles rebaixe o IVE, dende o 21% actual // A Deputación de Ourense vai aportar a metade dos oitocentos mil euros dos que precisa dispor o Club Ourense Baloncesto para inscribirse na ACB, unha vez que logrou o ascenso, derrotando ao Breogán de Lugo, no quinto partido do Play Off, disputado onte á noite. 03/06/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano