Máis mobilizacións dos traballadores de Navantia, hoxe, en Ferrol. En asemblea diante do Concello, esta mañá coñeceron o plan da dirección para o estaleiro público. Non prevé peche de centros nin reducción de plantilla // Os servizos públicos de emprego rexistraron en novembro 2.600 desempregados máis en Galicia. No conxunto do estado houbo unha lixeira recuperación do mercado laboral. Con respecto a hai un ano, os datos son positivos tanto aquí como no global de España // Os conductores de tren non poderán usar o móbil, salvo en caso de emerxencia. É unha das medidas que vai por en marcha o ministerio de Fomento para aumentar a seguridade despois do accidente de Angrois. O maquinista do tren que descarrilou en Santiago ía falando por teléfono uns segundos antes de ocorrer o accidente. 03/12/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano