Moitas das localidades costeiras viven hoxe labores de limpeza, e inicio de reparación dos danos causados polo intenso temporal marítimo. É o caso de San Cibrao, en Lugo, ou da cidade da Coruña. E en Burela a confraría pide a reparaciòn do faro que orientaba a navegación á entrada do porto, tronzada pola forza das ondas // Galicia rematou o mes de febreiro pasado con un milleiro de parados menos rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego. Tamén aumentou o número de afiliados á seguridade social respecto ao mes anterior pero ainda seguen as ser menos que hai un ano // Antroido pasado por auga en case toda Galicia onde é festivo en moitas localidades. A chuvia non està a impedir as celebracións tradicionais // O grupo municipal do Partido Popular de Santiago di que vai continuar o mandato ata o remate do periodo, logo de que a titular do xulgado de instrucción número 1 da cidade abrira xuizo oral contra sete dos seus edis. 04/03/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano