Rematou en Salvaterra a traxedia vivida no Río Miño.Alí, moi perto de onde onte caera á auga, os buzos recuperaban hoxe o cadaver do neno de 12 anos desaparecido onte á tarde.O menor tirárase ao río para tratar de salvar ao seu irmán pequeno, de oito anos, que faleceu tamén, pese a que fora rescatado ainda con vida // O paro baixou en Galicia no pasado mes de maio en 6.573 persoas,un descenso do 2,26 por cento. Mais que na media española, na que a baixada foi do 1.9 por cento. Subiu o numero de contratos formalizados pero baixaron os de caracter indefinido. Neste momento hai en Galicia en 283.886 parados // Dez persoas foron detidas en Galicia por provocar incendios forestais no que vai de ano. A Conselleira de Medio rural anunciou axudas por 15 millóns de euros para limpeza e prevención nos montes. 04/06/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano