O marisqueo a pé é unha das actividades sobre a que están a falar dende hoxe 400 mulleres nun congreso sobre o traballo feminino no sector pesqueiro organizado polo ministerio de Agricultura. Busca eliminar as desigualdades de xénero neste eido // A Unión Europea vai aportar fondos para facer inversións nos barcos e que poidan seleccionar mellor as capturas e reducir progresivamente a cantidade que se tira ao mar por non ser rendibles. Unha medida que pretende paliar os efectos da aplicación do recente acordo para tratar de eliminar os descartes // A policia busca aos autores do roubo nunha tenda de roupa do centro de Santiago, de onde marcharon con 240 mil euros en prendas. Accederon ao interior do establecemento de noite facendo un buraco reducido, do tamaño dun neno, e roubaron só a roupa mais cara e de marca. Os donos sospeitan que a acabarán vendendo en mercadiños ou no estranxeiro. 05/06/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano