Colas no estadio de Riazor para facerse cunha entrada para o partido do sábado contra o Málaga. Un encontro que o clube quere converter nunha gran manifestación contra a violencia. As entradas custan 1 euro // Reunión do Comité antiviolencia no fútbol na que federación e administración buscan medidas para evitar actos coma o que acabou na morte do seguidor deportivista, en Madrid. Estudan, entre outras actuacións, expulsar dos estadios aos grupos de ultras ou quitarlles puntos aos equipos que no sexan contundentes coa violencia // A xunta vai suprimir o plus de altos cargos, aprobado por tódolos grupos durante o Goberno Bipartido. E unha das medidas do proxecto de lei de Emprego Público, aprobado polo Consello e que tamén crea un fondo para aboarlles aos funcionarios a paga extra que lles retiveran no 2012. 04/12/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano