O Ex-alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa entraba esta mañá no Xulgado de Lugo para prestar declaración diante da xuíza Pilar de Lara imputado en relación coa denominada "Operación Manga" , relacionada con presuntas fraudes nas concesións e contratos municipais.
A citación de Conde Roa chega menos dun ano despois de que tivera que deixar a alcaldía de Santiago, procesado por un delicto de fraude fiscal
O estaleiro vigués Barreras vai comezar a construir o flotel para Pemex antes de que remate abril. O presidente da factoría confirmou que xa teñen rematado o proxecto técnico.
2.033 persoas máis están no paro en Galicia, logo de coñecérense os datos do mes de febreiro.
O desemprego aumentou, nese mes, na nosa comunidade, un 0.7%. Unha suba menor que a da media de España onde o aumento foi do 1.2%. (04/03/13)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano