Unha nova ponte vai formar parte, a partir de agora, da paisaxe das nosas rías. Esta está sobre a de Muros e Noia, na Costa coruñesa, e vai resolver un grave problema de tráfico na vila noiesa. Alí, a partir de hoxe, son xa historia as interminables colas de vehículos que se formaban ao regreso das praias, en época de verán // O Tribunal Supremo quere localizar a aseguradora do Prestige porque varios recursos presentados no Alto Tribunal piden a súa condena. Por iso solicitou a Audiencia Provincial da Coruña que se lle notifique a sentenza // Visto para sentenza o xuízo que se levou a cabo en Ourense contra o expresidente da Deputación e do PP provincial, José Luis Baltar. O fiscal mantivo a súa petición de 10 anos de inhabilitación por contratar a 104 persoas a dedo sen seguir os procedementos legais. 04/07/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano