A Xunta vai destinar sete millóns de euros a apoiar proxectos de investigadores de Galicia, serán un máximo de dez cada ano, ata 2020. O Consello aprobou tamén a bonificación de ata o 40 por cento dos gastos de medicamentos a familias con fillos menores de 14 anos e un programa de dinamización do uso do galego nas empresas, coma fórmula para mellorar a confianza na relación cos consumidores // O día chuvioso fixo mudar as actividades dos milleiros de turistas que nos visitan e das persoas que están de vacacións. As praias deixan de ser o destino principal e búscanse outros alternativos, no interior ou nas cidade // Un dos festivais máis veteranos do verán galego o Noroeste da Coruña cumpriu xa trinta anos e faino con moitos cambios. Máis estilos músicos e máis escenarios, ata nove, repartidos en enclaves singulares por toda a cidade, onde se celebrarán un total de sesenta concertos, ao logo desta semana. 04/08/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano