Plan contra a falta de médicos no verán | Inditex gaña 1.294 millóns no primeiro trimestre | Fendas no chan da biblioteca da facultade de Historia
05/06/2024 00:10:44A poucos días do comezo do verán, Sanidade planifica cómo cubrir ao persoal de baixa ou de vacacións e garantir a asistencia sanitaria. Unha situación que se complica en zonas turísticas, como Sanxenxo | O Grupo Inditex obtén beneficio neto de 1.294 millóns de euros no primeiro trimestre fiscal. É un 10´8 por cento máis que no mesmo período do ano pasado. Os resultados dados a coñecer hoxe recollen, en cambio un aumento das vendas do 7´1 por cento, o máis baixo dende 2019 | A biblioteca da Facultade de Historia de Santiago, obrigada a trasladar o depósito de libros, debido ás fendas aparecidas no chan. Arredor de 150.000 volumes serán ubicados provisionalmente na cafetaría e no soto do edificio, mentres sos estudantes que manteñen a acampada no interior do edificio reclaman a Universidade que rache toda relación con empresas que colaboren con Israel
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado