Continua, Logo de case 30 HORAS, o bloqueo da negociación sobre o futuro da planta de Alcoa en San Cibrao. A empresa exixe parar as cubas electrolíticas antes de estudar a oferta de compra do Grupo Liberty House. O MInisterio de Industria convoca a tódalas partes implicadas a un encontro telemático esta tarde.
//O número de casos activos de Covid-19 en Galicia segue en aumento e supera xa a barreira dos 400. Logo de sumar 31 máis que o día anterior, Sanidade contabiliza hoxe 406, dos que 161 corresponden á Area da Coruña. O número de hosptalizados tamén sube. Son 18 pacientes en unidades convencionais e dous seguen na UCI.
// Polémica pola forma en que foi despexada a vía férrea en Carballeda de Valdeorras. Dous vagóns de mercadorías que descarrilaran foron botados a un lado ata caer no río Sil. A Confederación Hidrográfica abre unha investigación, e grupos ecoloxistas piden que se depuren responsabilidades. (05/08/2020)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano