Os Centros de Servizos sociais poderán prestar servizos a calquera paciente, ainda que non estea ingresado. O Consello da Xunta acordou hoxe acreditalos para prestarllos, incluso a menores de 65 anos, unha medida na que Galicia é pioneira en toda España // Estabilizado o incendio de Ponte Caldelas, en Pontevedra, onde calcinou xa 600 hectáreas. A proximidade do lume ás casas obrigou a decretar o nivel 1 e chegaron a arder hortas e mesmo un hórreo. Unha fábrica de contrachapado de madeira estivo tamén rodeada polas lapas pero foi salvada sen danos // Continúa a investigación sobre autoría da morte da veciña do concello coruñés de cabanas, tres días despois de que o seu cadaver aparecera acoitelado a escasos metros de onde vivía. Logo dos indicios de agresión sexual que presentaba o corpo, serán as análises forenses as que poidan conseguir probas fundamentais coma o ADN do agresor 05/09/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano