Primeira comparecencia pública de Teresa Romero, a auxiliar de enfermeiría galega que superou o ébola. Os médicos que a atenderon deixaron claro esta mañá que está totalmente curada, que non supón en absoluto, risco de contaxio e que, no seu organismo non queda rastro do virus. Agora poderá facer vida normal e agárdase que nas próximas horas veña ata Becerreá para visitar á súa nai // Case 4 horas estiveron reunidos o presidente da Xunta e mais o líder dos socialistas galegos // Núñez Feijóo ofreceu converter en lei as medidas contra a corrupción aprobadas no último debate sobre o Estado da Autonomía que buscan máis control do financiamento dos partidos // O líder socialista pediu unha comparecencia de Núñez Feijóo no Parlamento para falar dos casos de corrupción e incluir no acordo ao resto das forzas políticas // Abanca obtivo uns beneficios de 474 millóns de euros, nos nove primeiros meses do ano. A entidade di que está aumentando o volume de depósitos dos clientes. 05/11/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano