A paraxe galega declarada máis recentemente Monumento Natural acollía esta mañá o acto de celebración da Xunta do Día Mundial do Medio Ambiente. Trátase dunha montaña entre Quiroga e Folgoso do Courel, que ten 350 millóns de anos de antigüidade. //Os incendios e a proliferación de especies invasoras son os principais problemas medioambientais de Galicia, segun denuncia o colexio de Biólogos. A Xunta considera que a nova lei de Montes axudará a erradicalas mentres os ecoloxistas reclaman máis cambios legais.// En Vigo comenzou o xuizo contra unha nai que educa ao seu fillo de dez anos na casa. A fiscal pide unha pena de sete meses de multa por un delicto de abandono de familia.// Os hospitais galegos necesitan 40.000 doazóns de sangue para afrontar as necesidades do verán. A conselleira de sanidade fixo hoxe un chamamento aos cidadáns para que fagan este xesto altruista tamén nas vacacións, cando sobe a demanda polos accidentes de tráfico. (05/06/12)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano