O Partido Popular revalidaría a maioría absoluta nas eleccións do día 21, segundo unha enquisa do CIS que se acaba de facer pública. O Parlamento variaría pouco respecto ao actual e podería entrar un deputado da coalición liderada por Beiras. // Por primeira vez no que vai de lexislatura, os dous grupos da oposición do concello de Ourense conseguen que prospere unha moción plenaria só cos seus votos. Son as consecuencias políticas da Operación Pokemon. // Coa vendima practicamente rematada, os viticultores das Rías Baixas que a cantidade de uva recollida vai ser un 60 por cento menor ca o ano pasado, cando se bateron marcas de produción. // O Celta abre esta noite en Balaídos a sétima xornada da Primeira División fronte ó Sevilla. Deportivo xoga mañá en Madrid contra o Raio Vallecano. 05/10/12
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano