Boas cifras as do turismo en Galicia, nesta Samana Santa. Os establecementos hostaleiros falan de ocupacións superiores ao 75 ou o 80 por cento en xeral. Pero hai zonas coma Santiago, a Ribeira Sacra ou a Mariña de Lugo onde foi superior e rexistrou porcentaxes de máis do 90 por cento.
O paro baixou en marzo en Galicia. 5.412 persoas borráronse das listas do desemprego o mes pasado. Supoñen un descenso do 2 coma un por cento respecto ao mes anterior. Datos algo mellores que os da media de España onde o descenso foi do un coma 33 %.
A organización de produtores de leite reclama que a Xunta medie ante a crítica situación do sector que cobra en Galicia os prezos máis baixos por litro de toda España, en torno os 30 céntimos. Segundo esta organización, a industria está a pagarlles aos gandeiros galegos por debaixo dos custes de producción, entre seis céntimos e dez céntimos menos cós gandeiros do resto de España e Europa. (06/04/15)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano