A Xunta comprométese co control do déficit e asegura que non lle vai ser complicado rebaixalo este ano ao 1,5 por cento do PIB, sen facer grandes axustes. // Tamén a administración local vai ter que manter a raia os seus gastos. O Goberno xa anunciou que lle vai propoñer aos concellos un límite de gasto do 0,3 por cento. // Alberto Núñez Feijóo di que vai seguir traballando para acadar unha entidade financeira solvente e galega. // A dirección e os traballadores da factoría Citroen de Vigo acaban de asinar o seu convenio colectivo para os próximos catro anos, que inclúe facer fixos ao vinte por cento dos traballadores eventuais. // Comeza a emitir en Pontevedra unha nova canle de TV por Internet, PONTE .TV. // A xeito de homenaxe, a Fundación Novacaixagalicia mostra na Coruña 35 obras de Isaac Díaz Pardo. 07/03/12
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano