Dous dos ex directivos de Novacaixagalicia aos que lle piden unha fianza global de máis de dez millóns de euros anuncian que van recorrer o auto da Audiencia Nacional. // Políticos, fiscais e xuíces tentan cambiar as leis de xogo para evitar que as vítimas da crise queden na rúa. Vemos o caso de tres persoas ás que un cambio de circunstancias lles impiden seguir pagando as súas hipotecas. // Un veciño de Amoeiro, en Ourense, tarda 13 horas en denunciar o asalto a súa casa polo medo que pasou. Atracárono seis homes encapuchados. // 6.000 alumnos de secundaria e bacharelato dun cento de institutos galegos participan nunha vídeo conferencia sobre física de partículas. // Expertos en medio ambiente e da administración debaten sobre crecemento sostible e advirten de que non todo vale neste contexto de crise. // ¿O concerto da lembranza¿ que onte tivo lugar na capela do cemiterio de San Froilán en Lugo. 07/11/12
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano