Non deixa de chover dende hai mais de 24 horas. Unhas precipitacións que caen, sobre todo na metade occidental de Galicia, nas provincias da Coruña e Pontevedra. En Forcarey na primeira metade do dia recolléronse xa 75 litros por metro cadrado. No mar , estamos en alerta laranxa por ondas de máis de 5 metros.
As chamadas aos servizos de emerxencias relacionadas coa presenza de enxames de avespa asiática fixeron que as incidencias relacionadas cos animais se coloquen no terceiro lugar entre as antendidas polo 112, por detrás das que teñen que ver coa sanidade e con asuntos policiais.
A Xunta e as tres universidades asinan o Plan de Finanzamento destas instituccións educativas ata o ano 2020, que establece que ata o 40% dos fondos dependerá dos resultados que acaden. (07/01/16)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano