A Coruña é a primeira cidade galega a que se lle permite liberdade de horarios do comercio por ter gran afluencia de turistas. Nos próximos 6 meses, o concello acordará cos comerciantes que zona se delimita para esa liberdade horaria // José Luis Baltar declara no xulgado de Lugo coma imputado por aceptación de suborno, dentro da operación Pokémon. Baltar negou ter recibido 6.000 euros do grupo Vendex, en contra do que afirma un informe de vixilancia aduaneira // O Concello de Pontevedra estuda recorrer ante o Tribunal Supremo a sentenza que obriga aos funcionarios a devolver a compensación da paga extra de 2012 // Aumentou a prostitución entre mulleres españolas nos dous anos ultimos anos por mor da crise. A Xunta renova a colaboracion coas 11 ONGs que traballan con esas persoas, coa aportacion de medio millon de euros, un 60% máis que en 2013 // Presentada a cuarta fichaxe do Celta. Carles Planas, lateral zurdo de 23 anos, chega a Vigo procedente do Barça B, para tres temporadas. 07/07/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano