Así quedou a casa consistorial da localidade ourensá de Beade.
Alí, un artefacto explosivo estoupaba a pasada mañanciña causando cuantiosos danos materiais, ainda sen avaliar. Por sorte, non provocou desgrazas persoais.
A Xunta asina con sete entidades financeiras un convenio para que os impagos de hipotecas non rematen en desafiuzamentos. Un acordo que tamén vai implicar aos concellos. A Conselleira de Facenda destacou que servirá para que os bancos recoñezan á Xunta coma mediador neses procesos.
Xa están listos para empezar a traballar os 435 auxiliares de conversa que lles van axudar a practicar os idiomas que aprenden os escolares galegos.
Mañá estáran xa nos centros educativos onde estes recén licenciados ou estudantes nativos colaborarán no ensino de 5 idiomas extranxeiros.
O Celta perde 2 a 1 fronte ao Atlético nun partido no que os vigueses non reacionaron ata a segunda parte e no que foi o porteiro, Yoel, o que mantivo vivo ao equipo.
En Segunda tampouco houbo fortuna para os dous equipos galegos. O Deportivo empatou a cero en Riazor e o Lugo perdeu por dous a cero contra o filial do Real Madrid. (07/10/13)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano