Dúas persoas, un home e unha muller, foron detidos dentro das investigacións para esclarecer a morte da muller que foi atopada, a noite pasada, ao carón dun depósito de auga, da localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal // Xuízo na Audiencia Nacional polas indemnizacións millonarias de Novacaixagalicia. Cinco exdirectivos están acusados dun delito de apropiación indebida, administración desleal ou estafa. Enfróntase a unha petición de prisión de tres anos e a devolución dos case 19 millóns de euros que cobraron // Entregadas as bandeiras azuis e outros distintivos a praias e lugares que manteñen os máximos niveis de calidade das augas e do seu entorno. Recibíronas, este mediodía, en Ribeira, os alcaldes dos concellos nos que están eses encraves distinguidos. 08/06/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano