Novo problema, neste caso fiscal, para Navantia Ferrol. O Tribunal de xustiza da Unión Europea considera que podería ter que pagarlle ao concello de Ferrol máis de tres millóns de euros que é o importe do Imposto de Bens Inmobles, o IBI, do que estivo exento dende hai seis anos. Agora terá que ser un xulgado da cidade galega o que decida // Empeora o estado de saúde da auxiliar de enfermería de Becerreá infectada por ébola. Teresa Romero tivo que ser intubada. Seu irmán asegura que presenta problemas pulmonares e que probablemente empecen a subministrarlle un novo medicamento // Segunda sesión do xuízo a un profesor de Celanova por supostos abusos a seis alumnas. Ningunha das testemuñas citadas recoñece telos visto pese a que supostamente sempre se produciron na clase, no patio ou no comedor. 09/10/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano