Salvamento Marítimo amplía ata o Cabo Ortegal a busca dos dous desaparecidos en Valdoviño. Esta mañá retomouse o dispositivo por terra, mar e aire para atopar ao pai e a filla que foron engulidos por unha onda no faro da Frouxeira na tarde de Reis, no medio dun forte temporal no mar // O cruceiro máis grande do mundo, con 6.000 pasaxeiros e 3.000 tripulantes, fará duas escalas en Vigo este ano. Unha boa noticia para o porto vigués, despois dunha caída do número de cruceiros e pasaxeiros en 2013, debido sobre todo ao cambio de rutas dalgunhas compañías // A xunta aproba o regulamento dos aproveitamentos do monte, sobre extracion de madeira pero tamen sobre o uso de superficies queimadas que se destinen a pastos para o gando. Ademáis o consello autorizou o funcionamento do centro de atencion a vitimas de violencia de xenero, que terá sede en santiago. 09/01/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano