Absoltos os cinco afectados polas preferentes de Vigo acusados de resistencia á autoridade e de lesionar a un policía durante unha protesta, hai case un ano, nunha oficina de Novagalicia Banco. A entidade retirou a denuncia e o policía que resultara agredido non presentou cargos // A Xunta di que a nova lei de Galeguidade, que hoxe empezou a debater o Parlamento, pretende facer máis fortes as entidades da emigración coma os centros galegos, e convertelos nunha rede de promoción económica no exterior. Os grupos da oposiciòn acusan ao proxecto de mercantilista e de limitar, din, os dereitos individuais // Destrozan o mobiliario, a decoración e mesmo instalacións sanitarias dunha casa de turismo rural próxima a Santiago. Fora alugada para o 18 aniversario dunha moza e a dona do establecemento valora os danos en 20 ou 30 mil euros. 09/04/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano