Antía Jácome, sexta na final de C2 | Desconvocada a folga da recollida do lixo da Coruña | Os deportes urbanos invaden Vigo, co Marisquiño
09/08/2024 00:10:01Final da modalidade de piraguismo C2, con Antía Jácome xunto coa asturiana María Corbera, que Quedan sextas na serie. A palista de Pontevedra terá maña outra oportunidade de subir ao poio, esta vez na embarcación individual | Os traballadores da recollida de lixo da Coruña desconvocan a folga. A situación das rúas é case de normalidade gracias a que o estado de emerxencia -aínda en vigor-, permitira contratar outra empresa para retirar o lixo. Queda repoñer algúns dos case 200 contedores queimados e, sobre todo, limpar a suciedade polas verteduras dos refugallos | En Vigo, comeza a rodar o maior festival de deportes urbanos do sur de Europa: O Marisquiño. Máis de 1.000 deportistas participarán nalgunha das 7 modalidades deportivas. E ademais, batallas de galos, arte urbana e moita música
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado