Telexornal - Galicia: Telexornal-Galicia - 09/06/14 | RTVE Play
Telexornal - Galicia  Telexornal-Galicia - 09/06/14

09/06/2014 00:26:05
Recomendado para todos los públicos
Telexornal-Galicia - 09/06/14 Telexornal-Galicia - 09/06/14
Telexornal-Galicia - 09/06/14 00:26:05 09/06/2014
Recomendado para todos los públicos
Sinopsis

Estupor e a incredulidade na localidade coruñesa de Vilasantar pola morte violenta de dous dos seus veciños, que residían  en  Baracaldo e que, ao parecer, foron asasinados polo seu fillo,  un policía local da localidade viscaíña, que logo se suicidou.

Aquí teñen aínda unha casa que puxeran en venda dende que os pais enfermaran.

  O Alcalde de Santiago, Ángel Currás, vai dar a coñecer dentro de dúas horas  os nomes das nove persoas para ocupar os postos de concelleiros deixados vacantes polos titulares,  do Partido Popular, que renunciaron a raiz de procesos xudiciais.

Os grupos da oposición pídenlle ao propio rexedor que dimita el tamén.

  Comezou na Coruña o xuízo a  18  veciños de Ordes, acusados de difundir un vídeo privado de contido sexual que unha muller da localidade gravara con imaxes propias.  O principal acusado é o encargado dunha tenda de informática á que a moza levara o ordenador a amañar e que recuperou o arquivo. O vídeo chegou a ser exhibido en varios locais da vila. 

  O Deportivo recibiu hoxe os parabéns do presidente da Xunta polo conseguir volver a Primeira nun ano no que o clube estivo a piques de desaparecer. Un recibimento despois de despedirse de Segunda con derrota en Girona. Na categoría quedará o Lugo despois de vencer ao Mirandés e certificar un ano máis de Quique Setién como adestrador.(09/06/14)

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano