Telexornal - Galicia: Telexornal-Galicia - 09/08/13 | RTVE Play
Telexornal - Galicia  Telexornal-Galicia - 09/08/13

09/08/2013 00:25:01
Recomendado para todos los públicos
Telexornal-Galicia - 09/08/13 Telexornal-Galicia - 09/08/13
Telexornal-Galicia - 09/08/13 00:25:01 09/08/2013
Recomendado para todos los públicos
Sinopsis

O ministerio de fomento controlará os trens por via satélite e revisará o uso dos teléfonos móbiles nas cabinas. É unha das 20 propostas anunciadas pola ministra Ana Pastor sobre o accidente de Santiago.

Os tres policías que atenderon ao maquinista declararon perante o xuiz que investiga o accidente. Na causa aberta polo sinistro, personáronse de momento 16 familias e afectados.

Afectados por preferentes retiraron depósitos que tiñan en Nova Galicia Banco, para presionar ao banco e ao Goberno para que resolvan o problema da falta de liquidez dos aforros de milleiros de galegos.

O veciño da Coruña presunto líder da rede de pederastas desartellada o pasado mes pola Policía Nacional quedou en liberdade tras pagar unha fianza de seis mil euros.

Alfredo García, un montañeiro da expedición no Pakistán na que faleceron o alpinista de Vigo Abel Alonso e dous compañeiros se salvou porque unha "mala sensación" o levou a abandonar o ascenso. Hoxe cúmprense dúas semanas desde que se deron por mortos os tres escaladores.

O arxentino Juan Emmanuel Kulio pasou hoxe recoñecemento medico na Coruña, antes de ser presentado esta tarde coma novo xogador do Deportivo.

O adestrador do Lugo, Quique Setién, asegura nunha entrevista que resulta moi díficil competir contra equipos, coma o Deportivo , que se endebedaron para ter grandes orzamentos e fichaxes. (09/08/13)

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano