Máis do 99 por cento das uvas da comarca ourensá do Ribeiro xa están recollidas. Este ano a produción reduciuse un 40 por cento. Sen embargo, a calor que fixo no verán e durante a vendima contribuiu a que a maduración das uvas fose a óptima.// As distintas valoracións sobre a situación económica e os xeitos de encarar a crise centraron o primeiro cara a cara entre os principais candidatos á Presidencia da Xunta.// Cinco empresas galegas e a Universidade únense para inventar un xerador que lle permita aos barcos apagar os motores cando están en porto, reducindo así as emisións contaminantes. Vaise poñer en marcha en Vigo.// A Universidade de Santiago reconstrúe a traxectoria dun bólido de máis de cen quilos que atravesou o ceo de Galicia e rematou afundíndose no mar Cantábrico. A rocha celeste deixou unha estela que puideron ver máis dun cento de testemuñas pouco antes da posta do sol. 09/10/12
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano