Un home xulgado hoxe na Audiencia Provincial da Coruña recoñeceu ter intentado queimar a casa da que fora a súa parella mentres ela e seus pais durmían. Está acusado, ademais de tela intimidado con chamadas telefónicas e mesmo de tela atacado, armado cunha pistola que resultou ser de xoguete, cando a vítima ía conducindo // Aprobado o orzamento de Vigo para o ano que vén, cos únicos votos do grupo socialista. O Goberno Municipal cré que a anulación do plan xeral por unha sentenza do Tribunal Supremo non terá influencia nos ingresos do concello por mor da diminuciòn dos impostos a terreos que eran urbanizables e agora volven ser rústicos // O servizo de emerxencias, o 112, pón en marcha o uso dun xeolocalizador que permite atopar aos donos dos teléfonos móbiles nos que está instalado, grazas a aplicacións coma Alpifay que se pode descargar de xeito gratuito. 09/12/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano