Unha enorme lagoa volve ocupar a paisaxe da Limia, en Ourense. É un dos efectos que se poden apreciar ainda hoxe, das intensas choivas da fin de semana. O instituto de Xinzo suspendeu hoxe as clases, logo de que a súa planta baixa quedase anegada, igual que outros edificios da localidade // A cota de neve chegou a baixar hoxe ata aos 400 metros, sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense, onde uns 4.300 alumnos quedaron sen clase ao non poderen chegar aos centros escolares // Promocionar a marca Galicia como destino unificado. É o obxectivo do plan turístico coa que a Xunta quere que a comunidade gañe un 5,7% máis de visitantes nos próximos tres anos // O celta recibe esta noite ao Athletic de Bilbao. En segunda, o Deportivo cédelle o liderado ao Eibar tras perder pola mínima ante o Murcia. E o Lugo prolonga a súa serie de bo resultados cunha vitoria no Anxo Carro fronte ao Zaragoza. 10/02/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano