O lume dun incendio forestal matou 5.000 pitos nunha granxa de Baltar, en Ourense e queimou leiras e superficie forestal. En total, calcinou 50 hectáreas de terreo, 28 de monte e o resto de superficie agrícola. As lapas obrigaron a cortar o trafico na estrada que une Baltar con Xinzo de Limia // O BNG segue esixíndolle ao PsdeG a presidencia da Deputación da Coruña, dentro do acordo de programas decidido por ambos partidos. Os socialistas din que a presidencia lles corresponde a eles // As administracións van buscar solucións para mellorar a seguridade dos 25 puntos perigosos, nos que os camiños de Santiago se cruzan con estradas, na rede viaria Galega. Anunciárono hoxe na localidade de Arca, preto de Santiago, onde unha peregrina perdía a vida, a principio deste verán. 10/07/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano