A prisión por incumprir as medidas cautelares que lle impuxera o Xulgado. É a nova situación na que se atopa Jorge Dorribo, o empresario lucense, principal implicado na Operación Campeón. A xuíza que leva o caso ordenou a súa detención ante o risco de fuga, debido á alta pena que lle piden, de 24 anos de prisión e multas de máis de 16 millóns de euros.
Teresa Romero reclámalle 150 mil euros ao conselleiro de sanidade de Madrid, quen dixera que a auxiliar de enfermería galega mentira sobre o seu contaxio de ébola.Teresa Romero acúsao dun delito contra o honor. Teresa e máis o seu marido tamén esixen responsabilidades ao goberno madrileño polo sacrificio do seu can Excalibur e reclamanlle outros 150 mil euros .
Dimite como concelleiro o exalcalde de Santiago Anguel Currás, que se reincorporará á praza de profesor dun instituto compostelán. Currás, imputado na operación Pokemon, dimitira como alcalde o pasado mes de xuño, produto da crise de goberno, do PP, pola inhabilitación de sete concelleiros e a dimisión doutros dous. (10/11/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano