Cada galego vai gastar de media 485 euros en compras para este Nadal, case un cinco por cento menos que o ano pasado. Galicia, segundo un estudo da Federación de Usuarios e Consumidores, é a cuarta comunidade na que menos se gastará nestas festas. // Os reitores das universidades públicas advirten que o funcionamento do sistema público universitario no noso país está en perigo a causa dos recortes orzamentarios. // A baixada de nivel do encoro de Lindoso, en Portugal, deixa á vista a antiga vila de Aceredo, no concello ourensán de Lobios, que levaba vinte anos debaixo das augas. // O Deportivo sae vapuleado da súa visita ó Vicente Calderón. O Celta tamén perdeu, neste caso en Bilbao, pero dando outra imaxe. // Dalí: Cen gravados sobre a Divina Comedia na Fundación Novacaixagalicia de Lugo. 10/12/12
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano